lunes, 29 de septiembre de 2014

Novas adquisicións

Título: Iniciación al rugby
Autor: Vázquez Lazo, Juan Carlos
Lugar edición: Madrid
Editorial: GYMNOS Ano edición: 2004

Título: Confianza y compromiso
Autor: Gasalla, José María
Lugar edición: Madrid
Editorial: LID Editorial Empresarial Ano edición: 2011

Título: ¿Cuánto es suficiente?
Autor: Skidelsky, Robert
Lugar edición: Barcelona
Editorial: Crítica S.L. Ano edición: 2012

Título: Destaca!!!
Autor: Carter, Sandy
Lugar edición: Madrid
Editorial: ANAYA MULTIMEDIA Ano edición: 2012

Título: El Arte de cautivar
Autor: Kawasaki, Guy
Lugar edición: Madrid
Editorial: Centro Libros PAPF S.L.U. Ano edición: 2011

Título: El libro blanco del emprendedor web
Autor: Gosende Grela, Javier
Lugar edición: Madrid
Editorial: ANAYA MULTIMEDIA Ano edición: 2013

Título: El viaje de la innovación
Autor: Domingo, Carlos
Lugar edición: Barcelona
Editorial: Artes Gráficas Huertas Ano edición: 2013

Título: Emprender con responsabilidad
Autor: Pes, Ángel
Lugar edición: Madrid
Editorial: LID Editorial Empresarial Ano edición: 2012

Título: Gente emprendedora, gente de calidad
Autor: Bermejo, Manuel
Lugar edición: Barcelona
Editorial: Plataforma editorial Ano edición: 2013

Título: Gestión de proyectos complejos
Autor: Barceló, Miquel
Lugar edición: Madrid
Editorial: Pirámide Ano edición: 2013

Título: Gestionar sin dinero
Autor: Abad, Francisco
Lugar edición: Madrid
Editorial: LID Editorial Empresarial Ano edición: 2012

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Novo curso 2014-2015

Benvidos a este novo curso 2014-2015

Ola! Poñémonos en contacto convosco para trasladarvos as últimas novidades que temos catalogadas na biblioteca do CFR. É unha das áreas de mellora  do CFR para o presente curso académico e gustaríanos poder contar coa vosa colaboración para revitalizar esta sección do noso centro.
A partires do vindeiro mes iremos actualizando as novidades a través da aula virtual do CFR, contactaremos de novo convosco cando iniciemos as publicacións.
Tamén temos a intención de adquirir, para poder poñer á vosa disposición, aqueles títulos relacionados co mundo da educación que consideredes que poden ser do voso interés. Para facérnolos chegar utilizade o correo electrónico do CFR cfr.ferool@edu.xunta.es ou o do voso asesor de zona.
Esperando que este novo servizo sexa do voso interés recibide un cordial saúdo.

jueves, 24 de julio de 2014

Plan da Biblioteca do CFR de Ferrol

Benvidos ao novo espazo da Biblioteca do CFR de Ferrol

Dende este curso e para levar a cabo a partires do mes de setembro estamos a realizar unha serie de actividades para mellorar a nosa atención ao porfesorado do ámbito do CFR de Ferrol.
Despois dunha serie de cambios estructurais do CFR de Ferrol e na coordinación da biblioteca comenzamos unha andaina na que esperamos aportar novos aires e moitas novidades. Para iso estamos a desenvolver este Plan de actuación da biblioteca do CFR de Ferrol.

Plan de actuación da biblioteca do CFR de Ferrol.

1.- Iniciar a recatalogación de  fondos bibliográficos.

Están catalogados todos os fondos máis actuáis. Queda para o 1º trimestre do curso 14/15 a clasificación dalgúns exemplares máis antigos e catalogación dos que se consideren de interese.
En canto aos fondos audiovisuais xa se fixo unha recatalogación  e nova ubicacións dos mesmos no espazo destinado a audiovisuais.

2.- Darlle publicidade ás novidades

No mes de setembro enviarase un correo masivo aos centros coa relación das últimas novidades adquiridas. As que se vaian adquirindo a partires desa data serán publicitadas na páxina do CFR no BLOG da Biblioteca.
Na reunión de inicio de curso cos equipos directivos tamén se proporcionará información sobre as posibilidades que ofrece a biblioteca.

3.-Reorganizar as seccións da biblioteca

Despois do  expurgo realizado a biblioteca aínda queda con moitos volumes que, se ben teñen valor histórico, sentimental  ou testimonial, son consultados en contadas ocasións .Estes exemplares serán trasladados ao espazo contiguo nos dous primeiros meses do curso 14/15 nunha nova sección “Históricos”. Aquí estarán organizados por materias ou áreas.
Unha vez que se dispoña  de espazona biblioteca, nos meses de novembro e decembro actualizaranse as seccións e no mes de xaneiro farase a presentación da nova biblioteca do CFR

4.-Facilitar o préstamo e consulta. 

Incluír na axenda dos asesores unha hora semanal adicada á biblioteca.
No horario do curso 14/15 aparecerá recollida esa hora semanal adicada a biblioteca por cada asesor. Nese tempo cada asesor poderá faacer unha revisión dos materiais relacionados coa súa asesoría para clasificar os que están actualizados e aqueles outros que aínda sendo de interés poden catalogarse como históricos. Tamén se ocuparan de manter ao día a actualización bibliográfica da súa asesoría e elaborar as reseñas das novas adquisicións para subilas á páxina do CFR.
Os exemplares que non foron expurgados polo seu valor histórico, testimonial ou sentimental serán trasladados ao espazo contiguo no que quedarán clasificados.
Previamente procederase á selección dos documentos arquivados actualmente nese espazo. Conservaranse os dos últimos cinco anos . Os de maior antigüidade que presenten interés pasarán a formar parte do apartado de históricos e o resto serán destruídos.

Para mellor a dinamización no uso da biblioteca solicitarase unha actividade de formación interna a celebrar no 1º ou 2º trimestre do curso 14/15.

martes, 11 de junio de 2013

Story sacks no CEIP San Sadurniño.


 STORYSACKS
 
Os storysacks son unhas bolsiñas que conteñen un libro e material  adicional para a lectura.

Deben conter xoguetes que representen os personaxes principais do libro, un escenario e obxectos que teñan relación co conto.
 Poden incluír tamén xogos, vídeos, cancións , glosarios de vocabulario e libros de non-ficción relacionados coa historia.
Os Story sacks se confeccionan entre toda a comunidade escolar, axudan os mestres, as familias e os pequenos . Se usan na clase e se prestan para levar a casa.
Aquí unha mostra d e storysacks do cole de San Sadurniño.



Pódense usar na lingua propia ou en lingua estranxeira, para fomentar a lectura e a oralidade, para os pequenos e para os grandes. 


    

lunes, 10 de junio de 2013

English Attack. Video Boosters

Interesante páxina de recursos, especialmente as actividades con videos.
Moi interesante o de The Great Gatsby, One more question.

ENCIENDE


ENCIENDE é ENseñanza de las CIENcias en la Didáctica Escolar, un proxecto impulsado pola COSCE (Confederación de Sociedades Científicas de España) para fomentar á enseñanza das ciencias.
Magnífica páxina con proxectos de experimentación, angúns deles en inglés.     

martes, 4 de junio de 2013

Readlang


Un eReader con traducción ao seleccionar a palabra. Moi doado de usar, somentes hai que importar o texto e as traduccións son do WordReference. Tamén trae actividades complementarias e explicacións contextualizadas.
Readlang